domingo, 27 de octubre de 2013

CRONICA

Vale Ángel, vamos contarche o que te perdiches no encontro Astur-Galaico de Luarca que precederá á organización do mesmo evento de Paso Miúdo no Valadouro en 2014.

A hospedaxe é do grupo de Montaña Estoupo que mete medo na praza luarquesa, polo de montaña e estoupo, combinación que está ben nun chourizo pero non sei se nun sendeirista con asma e propensión a tirar do Ventolín. Alí deronos folletiños de Micoloxia autóctona, unha boa idea para as xornadas do Valadouro…

Todo empezou cunhas cervezas xeadas e de litro que nos esperaban co fotógrafo oficial de Paso Miúdo

-Non é demasiada hidratación antes de vinte km?

-Vinte? Vade retro, non cargo unha DSLR e o seu trípode de carbono a tamaña distancia.

Nin por unha sidrina?

Bueeeno, negociable, pero barrunto unha expedición a Gijón con bocois do tamaño das cubas de Alcoa así que poido saltarme unha hipotética sidrina aos 10 Km de parada.

Ruta Curta ou Larga?

Curta con cemiterio mozárabe

Salam alaykum!

Pois deixamos as birras para ao final logo a ver se non tardamos moito e non tes que esperar aburrido.

Non ti preocupare, o mujerío luarqués me entretiene.

E así tiramos para adiante, primeiro rodeando moitas explotacións gandeiras moi coidadas e curiosas que os galegos deseguido louvamos pero o olor a silo delicioso e penetrante é igual en todas partes e as vacas sábelles. Alí uns cabozos asturianus que son primor, non sei se é Setienes o pobo agropecuario, atravesamos un río xeitoso, con pouca auga para ser outono, con ponte de madeira. Non hai moito tempo para mirar nada porque esta xente do Estoupo quere levarnos á meta antes da noitiña. Pensarían que xa era o cambio da hora? Ahí queda a dúbida…Hai quen fala da parada do cabrón na que descansan só os primeiros, Ë dicir, Juan, que xa iria diante do primeiro guía-Estoupo…

Bueno, cando un tio me di que queda “unha hora para subir () luego todo bajada”, empezó a boquear e preguntar pola Ruta Corta…se siente…xa a pasamos despois dunha bifurcación cabrona desas. E tira, tira, tira para arriba sobre pedras soltas e cando hai un cambio de rasante outro repechin e outro e outro…As veces mitigas o estoupo do corazón coa impresionante vista costeira que se estende dende Luarca ata o Cabo Busto, este é impresionante unha formación rochosa ben tallada polo mar que a vemos a vista de páxaro, un guía indicame os nomes, non sei se a outro cabo é Barcia ou algo así.

Pero non hai tempo para líricas porque detrás desa ascensión interminable chegamos a unha explanada onde se erixe unha ermida de San Antonio de Concilleiro onde me contan que hai unha romaría pero como as de antes non estes botellóns típicos da agora do Santo e similares. Alí deitámonos na herba rebentados. Creo lembrar que soaba música e as vacas bruían e o vento zoaba fresco pero a min reanimoume a sidrina abundante e packs de a catro e mesmo un licor de herbas ou noces (non o tiña claro asfixiado como iba). pasado en petaca . Que Xenio!

Pero estos Estoupos-Boys gañánte pola man; non hai auga pero hai sidra, non hai libretos explicativos pero os tios indicanche con paciencia calquera información antes de que preguntes. Vaise rápido…pero hai moito que ver. É unha ruta express porque do Concilleiro baixamos ao galope ata o mar un pouco achispado, non me digan porque.

Que cambio! unha Praia luar ou de cantos rodados que ten unhas curiosas formacións catedralicias no que chamán “Oleos” : arcadas, columnas e capiteis tallados polo mar. Alí unha escena chamativa, un mozo doente de calor se zambulliu en coloristas calzóns na praia das coias.

Despois vimos cabalos, cans, gatos e ata un robot cortador do céspede moi folgazán, eso na zona noble, onde destacaba a antiga mansión do Premio Nobel Severo Ochoa, hoxe en mans privadas. Chegamos por fin as xarras de litro de cervexa,espumeantes, deliciosas con Juan que esperaba aburrido. Antes diso, un descenso caracoleiro dende a atalaia Luarquesa onde se ve unha bonita postal do porto da vila.

E eso foi todo.

Suso Rubio .

No hay comentarios:

Publicar un comentario